En 1947 Ayn Rand escribiu unha guía para distribuir entre produtores de cine estadounidenses coa intención de alertar sobre o que ela consideraba a velenosa ideoloxía antiamericana que os comunistas inoculaban nos filmes. Aquí podedes ler o documento orixinal de Ayn Rand . Xa que moitas das aberracións que denunciaba Ayn Rand están moi presentes nos discursos de moita xente hoxe en día, voume permitir resumir algunha das suas denuncias para non esquecelas.
Non aldraxedes aos empresarios.
Unha aberración moi frecuente nos nosos días é a de considerar que os directivos de empresas, empresarios (especialmente os banqueiros) ou calquera que se adique aos negocios encarnan a maldade máis vil. Adoitase a presentar aos empresarios como estafadores e/ou explotadores. É claro que hai persoas que se adican aos negocios que son persoas depravadas, como en calquera outra profesión ou actividade. Mais se un atende a historia dos homes e mulleres de negocios pode atopar toda clase de persoas, mais todos comparten as virtudes do xenio produtivo, iniciativa, independencia e a coraxe. En última instancia foron os responsabeis do inmenso crecemento económico dos últimos douscentos anos.
Non aldraxedes a riqueza.
Nas sociedades baseadas na libre competencia a riqueza obtense mediante a produción e o libre intercambio de bens e servizos. A produción non é un mal, como tampouco o é o lexítimo dereito das persoas a obter lucros do seu esforzó.
É precisamente nas sociedades non libres onde a riqueza obtense pola forza. É decir, pola expropiación das propiedades de outros. Nas sociedades libres cada persoa é libre de traballar no seu propio lucro e enriquecerse tanto como o seu talento llo permita, e as suas propiedades son suas: tanto se valen un euro como un millón de euros. Os ricos son ricos a causa do seu carácter persoal, non por pertencer a unha clase social. Todos temos o lexítimo desexo de realizar os nosos proxectos e gañarnos a vida tan ben como podamos.
Non aldraxedes ao lucro como motivo.
Cando se esgrime o lucro como un motivo perverso que guía a acción de alguén, que é o que se pretende? Que traballemos sen remuneración, como os escravos, para o beneficio do Estado? Ninguén quere traballar sen remuneración, e ninguén o fai… excepto os escravos.
Un emprendedor ten que estar interesado no lucro. Nunha economía libre o empresario fai lucro so porque fai un produto que a xente quere mercar. Que se pretende que faga se non? Que venda o seu produto perdendo? Se o fixera, canto tempo ficaría no negocio? E a costa de quen?
Moitos presentan as persoas que queren gañar cartos como viláns. Nunha economía libre non hai nada de deshonroso en querer gañar cartos, xa que os cartos se gañan so grazas ao esforzó produtivo. Se queremos denunciar o desexo de facer cartos de xeito inmoral ou deshonesto, fagámolo. O condeabel é o deshonesto non o desexo de facer cartos e ser capitalista. Non son o mesmo.
Non aldraxedes o éxito.
Existen moitas formas de éxito: espiritual, artístico, industrial, financieiro etc. Todas as formas de éxito son desexabeis e admirabeis.
Existen discursos que pretenden suxerir que as persoas que teñen éxito o fan a costa dos demáis, que tiveron que perxudicar a alguén para alcanzar o éxito. As ideoloxías totalitarias intentan disuadir do esforzo e éxito persoal porque as persoas que perden as suas ambicións persoais son máis submisas e están máis dispostas a ser guiadas.
A dignidade humana e a autoestima son imposibeis sen certo grao de éxito persoal. Cando se aldraxa o éxito estase aldraxando a dignidade humana.
Non glorifiquedes o fracaso.
O fracaso non é algo admirabel. Todos facemos frente ao fracaso nalgún momento das nosas vidas. O admirabel é a coraxe e a determinación para superar os fracasos, non o feito de fracasar. Convén sinalar que fracaso non é o mesmo que desgraza, ainda que as duas compartan a falta de virtude.
Cando se presenta o fracaso como algo simpático, como un signo de bondade ou virtude frente ao vil éxito, estase suxerindo que aceptemos a miseria e a degradación como un estado natural das persoas. Que o mal está no éxito e o ben nas alcantarillas. Todo o pobre é bo e todo o rico é malo.
Non glorifiquedes o colectivo.
Existe unha grande diferencia entre a libre cooperación e o colectivismo forzado. A cooperación é a libre asociación de persoas que queren traballar xuntas e que escollen facelo voluntáriamente por interese propio. O colectivismo é o agrupamento forzado de persoas sen posibilidade de escolla, sen interese persoal, nin remuneración algunha para subordinalas á dirección de outros. Os socialistas e comunistas reclaman a superioridade do grupo sobre o individuo: as accións das masas son boas mentres que as accións individuais son malas. Claro que existen vicios individuais igual que existen vicios grupais. Os dous tipos de vicios deben ser xulgados polas accións específicas e non por ser "un" contra "moitos".
A influencia das ideas colectivistas nas nosas sociedades é grande. En parte porque os que profesamos ideas contrarias tendemos a deixar pasar a propaganda dos colectivistas. Esta pequena guía sirve como recordatorio para non permitir o avance da influencia colectivista.