O pasado día 7 de Febreiro finou Hans Rosling. Hans Rosling era médico e estatístico, alcanzou notoriedade pola sua incansabel loita contra a ignorancia sobre os datos de pobreza e saude no mundo. As suas presentacións fixeronse famosas pola espectacularidade da sua posta en escea. Na web da fundación que creou podedes atopar gran cantidade de material e software gratuito. Aquí deixovos o TED talk sobre o seu The Ignorance Project.
9.2.17
6.2.17
Cidadans liberais
Na pasada fin de semana o congreso do partido Ciudadanos acordou renunciar a unha das cores que constituían a sua alma. Repudia a cor vermella da socialdemocracia e aposta pola amarela da liberdade. En palabras de Albert Rivera: «El liberalismo es el mejor instrumento para dar soluciones en el siglo XXI y luchar contra el populismo».
Parabens a Ciudadanos por ter optado polo liberalismo e ánimo para seguir profundizando na tradición da liberdade da que o manifesto de Oxford de 1947 representa un fito importante. O seu inspirador foi un galego de nome Salvador de Madariaga.
4.2.17
Yo Sebastián Docampo, hijo de Piero Hernández de Tuy, natural de Tuy...
Así comeza o testamento de Sebastián de Ocampo datado en Sevilla o 25 de xuño de 1514. O mariño, explorador e nomeadamente mercader galego que tivo un papel sobranceiro neses primeiros anos dos descubrimentos atlánticos. Como case todos os nomes propios da conquista americana, Sebastián de Ocampo era un emprendedor que se aventurou a explorar guiado polo interese en lucrarse.
Así participou na conquista castellana das Illas Canarias o que lle reportou terras na illa de La Gomera. Alí o seguiran outros familiares como o seu curmán Alonso de Ocampo que foi gobernador de La Gomera varios anos. Nestas terras producirá azucre co que posteriormente comerciará cos colonos en América.
En 1493 consigue enrólarse na segunda viaxe de Cristóbal Colón. Afincaráse en Santo Domingo na illa de La Española (actual República Dominicana). Alí coincidirá con otro emprendedor español, Hernán Cortés que residiu algún tempo en Azua de Compostela ainda que non hai constancia de que se coñeceran. Logo virán os dous episodios históricos máis importantes nos que participou Sebastián.
A circunnavegación de Cuba
No mapa do descubrimento que Colón presentou aos Reis Católicos (A carta plana) Cuba era unha peninsula de Catay, que era como chamaba Colón a China. Esta crenza durou uns anos até que o gobernador de La Española, Nicolás de Ovando, encargoulle a Sebastián de Ocampo en 1506 circunnavegar Cuba con dous barcos para comprobar definitivamente se era unha illa. E así o fixo, descubrindo para toda a humanidade que Cuba era unha illa e non unha península longa.
En auxilio de Vasco Nuñez de Balboa
O outro episodio histórico no que se viu implicado Sebastián de Ocampo foi a expedición en auxilio de Vasco Nuñez de Balboa. En resposta a petición desesperada dos homes do asentamento de Santa María no Darién (actual Panamá), o virrey Diego Colón contratou como armador de dous barcos a Sebastián. As embarcacións iban cargadas con alimentos e outros suministros. No Darién Sebastian de Ocampo recibiu o encargo de Nuñez de Balboa para que intercedera por el ante o Rei e lle fixera chegar unha carta redactada por Nuñez de Balboa. O extremeño tivera que "desfacerse" de varios oficiais da coroa para facerse co control da colonia do Darién e precisaba gañarse o favor real. Sebastián non chegará a cumprir o encargo xa que morrerá pouco despóis de chegar a Sevilla en 1516, mais no seu testamento concedeu ao seu curmán Alonso de Noya os poderes que tiña do extremeño para que se cumplira o acordo que fixera con Nuñez de Balboa.
| Gardacostas Sebastián de Ocampo. |
1.2.17
Immigration and trade
![]() |
| Fonte: The Missing Migrants Project. |
Reproducimos unha entrada do (moi recomendabel) blog de John Cochrane que resume o que moitos economistas pensamos sobre este tema tan de actualidade.
Question: What is an easy way to reduce immigration in to the US (if you want to do that)?
Answer: Buy what they have to sell. If they can make good money at home, they are less likely to want to come here.
Question: Won't we lose jobs?
Answer: What do you think people do with the dollars we send them in return for foreign goods? There is only one thing to do with dollars -- buy American goods, invest in American companies, or buy US government debt, and the government spends it.
Question: But what about those jobs moving overseas?
Answer: Some jobs do move overseas. But those dollars, flowing back, create new jobs in the US. There are losers. It is true. There are also winners. That is also undeniable. Trade restrictions basically transfer jobs from some people in the US -- new jobs in export-oriented industries or industries fueled by foreign investment demand -- to other people in the US -- old jobs. And they do so inefficiently, making Americans buy more expensive goods overall.
Question: What's another way to reduce immigration in to the US (if you want to do that)?
Answer: Help their homes to be peaceful as well as prosperous. The costs of feckless foreign policy are not just lives and countries ruined, refugees washing up on our and europe's shores, but electoral and political responses.
(Economists. Forgive me for using the misleading "create jobs" rhetoric, in the interest of connecting with non economists. You know what I mean -- create wages, opportunities, businesses, etc.)


