15.11.17

Racismo


Decía Ayn Rand que o racismo é a forma máis baixa, máis crudamente primitiva do colectivismo. É a noción de atribuír importancia moral, social ou política ao linaxe xenético dun home... o que significa, na práctica, que un home é xulgado, non polo seu propio carácter e accións, senón polo carácter e accións dun colectivo de antepasados. Por iso non é sorprendente que no pensamento socialista e fascista o racismo esté tan presente.

Menciona    neste artigo sobre o racismo no pensamento socialista a varios ilustres pensadores, mais botei en falta a mención ao socialista Paul Lafargue que no seu "O dereito á preguiza" menciona aos galegos como unha das razas para as que o traballo é unha necesidade orgánica.

¿cuáles son las razas para las que el trabajo es una necesidad orgánica? Los auverneses; los escoceses, esos auverneses de las Islas Británicas; los gallegos, esos auverneses de España; los pomeranios, esos auverneses de Alemania; los chinos, esos auverneses del Asia.

5.11.17

100 anos da peor idea da historia.

Fai algúns anos que o portal independente adicado a visualización de información Information is Beautiful publicou esta infografía que titulou 20th Century Death. A infografía representa as causas de morte máis importantes para os humanos entre 1900 e 2000. O comunismo é a principal causa de morte relacionada coa ideoloxía. O comunismo causou máis mortes que o fascismo e o nacionalsocialismo xuntos. Durante o século XX morreu máis xente por causa do comunismo que por homicidos e xenocidios xuntos. As duas guerras mundiais xuntas so causaron 9 millóns de mortes máis que o comunismo. As peores fames do século pasado aconteceron na Unión Soviética, China(duas veces!!) e Corea do Norte. Ese pesadelo comezou hai 100 anos e aínda dura hoxe para moitas persoas que ademáis da miseria carecen das máis elementáis liberdades individuáis.