24.10.16

Guía de Ayn Rand contra as aberracións colectivistas.


En 1947 Ayn Rand escribiu unha guía para distribuir entre produtores de cine estadounidenses coa intención de alertar sobre o que ela consideraba a velenosa ideoloxía antiamericana que os comunistas inoculaban nos filmes. Aquí podedes ler o documento orixinal de Ayn Rand . Xa que moitas das aberracións que denunciaba Ayn Rand están moi presentes nos discursos de moita xente hoxe en día, voume permitir resumir algunha das suas denuncias para non esquecelas.
Non aldraxedes aos empresarios. 
Unha aberración moi frecuente nos nosos días é a de considerar que os directivos de empresas, empresarios (especialmente os banqueiros) ou calquera que se adique aos negocios encarnan a maldade máis vil. Adoitase a presentar aos empresarios como estafadores e/ou explotadores. É claro que hai persoas que se adican aos negocios que son persoas depravadas, como en calquera outra profesión ou actividade. Mais se un atende a historia dos homes e mulleres de negocios pode atopar toda clase de persoas, mais todos comparten as virtudes do xenio produtivo, iniciativa, independencia e a coraxe. En última instancia foron os responsabeis do inmenso crecemento económico dos últimos douscentos anos.
Non aldraxedes a riqueza.
Nas sociedades baseadas na libre competencia a riqueza obtense mediante a produción e o libre intercambio de bens e servizos. A produción non é un mal, como tampouco o é o lexítimo dereito das persoas a obter lucros do seu esforzó.
É precisamente nas sociedades non libres onde a riqueza obtense pola forza. É decir, pola expropiación das propiedades de outros. Nas sociedades libres cada persoa é libre de traballar no seu propio lucro e enriquecerse tanto como o seu talento llo permita, e as suas propiedades son suas: tanto se valen un euro como un millón de euros. Os ricos son ricos a causa do seu carácter persoal, non por pertencer a unha clase social.  Todos temos o lexítimo desexo de realizar os nosos proxectos e gañarnos a vida tan ben como podamos.
Non aldraxedes ao lucro como motivo.
Cando se esgrime o lucro como un motivo perverso que guía a acción de alguén, que é o que se pretende?  Que traballemos sen remuneración, como os escravos, para o beneficio do Estado? Ninguén quere traballar sen remuneración, e ninguén o fai… excepto os escravos.
Un emprendedor ten que estar interesado no lucro. Nunha economía libre o empresario fai lucro so porque fai un produto que a xente quere mercar. Que se pretende que faga se non? Que venda o seu produto perdendo? Se o fixera, canto tempo ficaría no negocio? E a costa de quen?
Moitos presentan as persoas que queren gañar cartos como viláns. Nunha economía libre non hai nada de deshonroso en querer gañar cartos,  xa que os cartos se gañan so grazas ao esforzó produtivo. Se queremos denunciar o desexo de facer cartos de xeito inmoral ou deshonesto, fagámolo.  O condeabel é o deshonesto non o desexo de facer cartos e ser capitalista. Non son o mesmo.
Non aldraxedes o éxito.
Existen moitas formas de éxito: espiritual, artístico, industrial, financieiro etc. Todas as formas de éxito son desexabeis e admirabeis.
Existen discursos que pretenden suxerir que as persoas que teñen éxito o fan a costa dos demáis, que tiveron  que perxudicar a alguén para alcanzar o éxito. As ideoloxías totalitarias intentan disuadir do esforzo e éxito persoal porque as persoas que perden as suas ambicións persoais son máis submisas e están máis dispostas a ser guiadas.
A dignidade humana e a autoestima son imposibeis sen certo grao de éxito persoal. Cando se aldraxa o éxito estase aldraxando a dignidade humana.
Non glorifiquedes o fracaso.
O fracaso non é algo admirabel. Todos facemos frente ao fracaso nalgún momento das nosas vidas. O admirabel é a coraxe e a determinación para superar os fracasos, non o feito de fracasar. Convén sinalar que fracaso non é o mesmo que desgraza, ainda que as duas compartan a falta de virtude.
Cando se presenta o fracaso como algo simpático, como un signo de bondade ou virtude frente ao vil éxito, estase suxerindo que aceptemos a miseria e a degradación como un estado natural das persoas. Que o mal está no éxito e o ben nas alcantarillas. Todo o pobre é bo e todo o rico é malo.
Non glorifiquedes o colectivo.
Existe unha grande diferencia entre a libre cooperación e o colectivismo forzado. A cooperación é a libre asociación de persoas que queren traballar xuntas e que escollen facelo voluntáriamente por interese propio. O colectivismo é o agrupamento forzado de persoas sen posibilidade de escolla, sen interese persoal, nin remuneración algunha para subordinalas á dirección de outros. Os socialistas e comunistas reclaman a superioridade do grupo sobre o individuo: as accións das masas son boas mentres que as accións individuais son malas. Claro que existen vicios individuais igual que existen vicios grupais. Os dous tipos de vicios deben ser xulgados polas accións específicas e non por ser "un" contra "moitos".

A influencia das ideas colectivistas nas nosas sociedades é grande. En parte porque os que profesamos ideas contrarias tendemos a deixar pasar a propaganda dos colectivistas. Esta pequena guía sirve como recordatorio para non permitir o avance da influencia colectivista.

9.10.16

20.9.16

Contra o autoritarismo e o populismo


En vindeiras datas vai a haber un referéndum en Italia para mudar a constitución e as regras eleitoráis. Os liberáis italianos son contrarios a proposta que o primeiro ministro M. Renzi quere aprobar nas urnas. Pode que aprendamos algo do debate italiano para posibeis reformas en España.


3.9.16

Non difamedes a economía.


Un setembro máis comeza un novo curso académico e o noso blog retoma a actividade tras o parón de agosto. E xa que iniciamos un novo curso académico convén lembrar algunhas falacias moi extendidas nos nosos días. 

Unha falacia moi popular entre a xente nova, incluso entre os estudantes de economía e ADE, é a idea de que a economía é unha disciplina sen contido moral.
Como consecuencia da popularidade desta falacia adoitase presentar aos economistas como persoas frías no que atinxe ao público, persoas que enfatizan os cartos e o sentidiño frente aos argumentos morais cuxas retóricas infunden grandes entusiasmos. Tecnócratas ocupados exclusivamente no resultado final sen ningún sentido do que está ben ou mal.

O mesmo Adam Smith, co que comeza a economía moderna, empeza a sua actividade intelectual no eido da filosofía e posteriormente desplaza a seu interés cara a economía política, mudando o seu interese en ofrecer consellos moráis aos individuos hacia como mellorar as institucións e políticas públicas. Mais este cambio non significou o abandono dun principio moral fundamental que está no nucleo da Economía como disciplina académica: a crenza no valor da liberdade humana. Xa no  século XVIII Smith escribiu:
«Every man is, no doubt, by nature, first and principally recommended to his own care; and as he is fitter to take care of himself than of any other person, it is fit and that it should be so. »
que nos ven decir básicamente que cada un de nos é o máis apto para coidar de nos mesmos e non hai ninguna outra persoa, ou institución, que o poida facer mellor.
Adam Smith non foi o único economista que fixo explícita este compromiso coa liberdade. No século XIX John Stuart Mill afirmou:
«The only freedom which deserves the name is that of pursuing our own good in our own way, so long as we do not attempt to deprive others of theirs, or impede their efforts to obtain it. »

No século XX, Milton Friedman defendía que aquela sociedade que situe a igualdade (no senso de igualdade de resultados) por riba da liberdade, acabara sen igualdade e sen liberdade. Ao igual que Friedman moitos economistas atribuenlle a liberdade un valor instrumental, como medio para alcazar outros obxectivos como a igualdade e a prosperidade. Porén ninguen debería ter dúbida que Friedman, Mill e Smith veían a liberdade como un ben fundamental, algo que ten valor en si mesmo. Así é como a liberdade está inserida no núcleo da teoría económica.

A economía moderna tense convertido nunha disciplina moi formal e matemática e isto pode favorecer que se perda de vista que o grande salto da economía tamén é moral, non so matemático. 

Nos primeiros cursos de economía ensinamos o suposto de que os individuos poden ordear os seus resultados de menos preferidos a máis e propoñemos unha medida (que chamamos función de utilidade) que sigue as preferencias das persoas. Se por exemplo temos 100 resultados, podemos definir unha función de utilidade asignando 100 ao resultado máis preferido , 99 ao segundo preferido e así sucesivamente. Esta función de utilidad non di nada sobre o benestar do individuo, so é unha forma conveniente de ordear posibeis eleccións da xente. Cando viramos a atención ao benestar é cando facemos o noso gran salto moral. As melloras no benestar ocorren cando hay melloras en utilidade, e isto ocorre cando un individuo escolle unha opción que antes non estaba disponibel. O que queremos decir é que o benestar de alguen se incrementa cando se incrementa o conxunto de eleccións disponibeis. Cando establecemos isto estamos establecendo que o obxectivo fundamental das políticas públicas é incrementar a liberdade de elección dos individuos.

Este principio básico da liberdade en Economía crea unha predilección sobre a interacción humana e o comercio. Para Friedman, o máis importante feito sobre o libre mercado é que non se produce ningún intercambio a menos que todas as partes saian gañando. A defensa que algúns economistas fan do libre mercado non ten que ver necesariamente cunha maior prosperidade senon coa loita polos valores da liberdade e a interdependencia humana.

Os nosos oponentes poden decir que os economistas temos idealizada a liberdade, e cando argumentamos sobre calquera problema podemos estar errados mais o que non poden decir é que navegamos sen estrela polar. A nosa estrela polar é unha crenza fundamental na liberdade.

Porén, a visión de que o libre mercado é un sistema moralmente inferior está moi extendida entre a xente nova e o que é máis sorprendente tamén entre empresarios ricos. Según esta visión a traxedia humana é que alternativas moralmente superiores ao libre mercado, como o socialismo, non son factibeis. Así, o libre mercado debe ser tolerado, é un mal necesario, mais un mal ao fin e ao cabo.
O libre mercado ou capitalismo, así chamado de forma despectiva para tratar de enfatizar o suposto predominio do factor productivo capital sobre outros, parte coa gran vantaxe moral de que os actos entre os individuos son voluntarios. Outras alternativas, como o socialismo, dependen crucialmente da coerción. As veces, afírmase que se ben o libre mercado pode ser aceptable sobre o papel, na prática fai as persoas piores, a codicia fai a xente ruin e todo iso. Tampouco parece ser certo. Unha ollada con mente aberta a historia ou mesmo ás sociedades nas que están vixentes alternativas ao libre mercado suxiren que o capitalismo saca o mellor das persoas. A xustiza social pode requerir máis que un sistema de produción e intercambio, mais abofé que o libre mercado será parte da solución e non parte do problema.