No
ano setenta e cinco do século pasado os británicos celebraron un referendo de permanencia na
Unión Europea. Convocado por un goberno laborista en minoría. Houbo ministros
laboristas que fixeron campaña pola permanencia e ministros que se decantaron
pola saída. O resultado do referendo é coñecido: Bremain (67% contra 33%). Veremos o que acontece no 2016.
Daquela,
nos setenta, a oposición ao proceso europeo viña das ringleiras laboristas. O
anti-europeismo dos militantes laboristas naquela altura era manifesto. Nunha
conferencia do partido celebrado o 26 de abril de 1975 votaron 2/3 contra 1/3,
mais ou menos, a favor da saída da Comunidade Económica Europea. De facto, por
este motivo, os mais europeístas do laborismo británico abandonaron o partido e
fundaron o Partido Social-Demócrata. Non tardaron en fusionarse co histórico Partido
Liberal e así naceu o actual Partido Liberal-Demócrata. Moitos laboristas non
se deron por vencidos e aínda nas eleccións xerais de 1983 fixeron campaña en
prol da saída. Margaret Thatcher impediu o bo suceso dos desexos laboristas. Segundo parece, o mal sabor de boca que deixou no laborismo a derrota
electoral ante a Dama de Ferro motivou que o Partido Laborista modificase o seu
posicionamento a respecto da integración en Europa.
Por
qué se opuña o groso da militancia do Partido Laborista á permanencia na Comunidade
Económica Europea? Pois polo de sempre. Polo mesmo que agora a estrema esquerda
europea –e a estrema dereita- se opón ao tratado comercial cos Estados Unidos,
o Transatlantic Trade and
Investment Partnership (TTIP). Por medo ao comercio. Que é tanto como dicir
por medo á liberdade. Esgrimían que se ia producir unha forte perda de emprego
no Reino Unido, que os alimentos ían encarecer ou que xa non poderían levar a cabo
políticas industriais socialistas. Nada diso aconteceu. Afortunadamente, especialmente o último. Mais, que se lle pode pedir a quen afirma “Unha das mais
grandes- se non a mais grande- figura do século XX: un mestre de escola que
transformou a China, liberouna da guerra civil e dos ataques estranxeiros e
construíu alí unha nova sociedade”. Quen fala así sobre Mao Zedong é Tony Benn,
ministro laborista e un dos prominentes partidarios do Brexit nos setenta. Así é
polo menos se lle fago caso á Wikipedia.
Resultados porcentuais referendo de 1975 |
A
situación mudou na actualidade. Agora as voces reclamando a saída proveñen das
filas conservadoras e dalgúns partidos mais pequenos como o UKIP, un partido
libertario. Que foi entón o que mudou? Pois a propia Europa. A mediados dos
setenta a Comunidade Económica Europea era fundamentalmente unha zona de libre
comercio. A actual Unión Europea ademais diso tamén é, ou pretende ser, unha
unión política. Os que hoxe se opoñen á continuidade británica na Unión Europea
non son inimigos do libre comercio. Non maioritaria nin significativamente,
polo menos. Mais temen o novo xacobinismo europeo.
E
debo confesar que comparto o seu temor. Sospeito do poder centralizado que coarte
a capacidade dos estados para decidir as súas propias políticas limitando así a
desexábel concorrencia política entre xurisdicións dentro dunha área de libre
mobilidade de factores e mercadorías. Acredito en Europa. Mais nunha diferente.
Nunha Europa como aqueles Estados Unidos de América decimonónicos cunha carta
constitucional dunha ducia de páxinas na que se establece que os Estados
membros da Unión non poden poñer trabas á mobilidade de persoas, capital e
mercadorías entre eles. E logo cada quen que faga o que lle pete mentres non se
salte eses poucos principios básicos e comúns plasmados na Constitución de
1787.
Tratados europeos con centos de páxinas coa pretensión de seren os fundamentos constitucionais da Unión non son o bo camiño. E eis onde enlaza o atual referendo británico con eventos previos na Unión Europea. O primeiro de todos o non danés ao Tratado de Maastricht xa en 1992, ainda que a opinión foi retificada o ano seguinte por escaso marxe, certamente. Mais, o caso é que Dinamarca non está no Euro. No ano 2000, en referendo, os daneses dixeron que nen de coña. O 1 de xuño de 2005 eran os holandeses os que refrendariamente rexeitaban o Tratado de Maastricht. Tamén os franceses dixeron non. O Tratado de Lisboa xa só se submeteu a referendo en Irlanda no 2008, a súa constitución obriga. Nengún outro país pretendeu refrendalo, non fora o demo. E foi outro non. En todos os casos, exceto posibelmente no francés, a cuestión subxacente é a mesma. A desconfianza de muitos ao centralismo hiper-regulador europeo e o temor á perda de autonomía política para solucionar os seus propios problemas. E ainda que tinxido tudo o debate de cuestións emocionais e primarias. En realidade, a cuestión de fondo, a que importa, e a que hai que resolver politicamente é a apontada.

último, vou arriscar unha resposta á pregunta que da título a este artigo. O
Reino Unido votará continuar na Unión. As cotizacións das apostas dan un 60% de
probabilidade a este evento, fronte a un 40% de probabilidade de saída. E
fágalle caso ás apostas e non ás pesquisas de opinión, que cando a xente xoga o
seu diñeiro ten moito mais tino. Mais, seguro que erro. Raro sería que
acertase. Acerte ou erre, felicito aos británicos por teren un sistema democrático que non ten medo de consultar a cidadanía neste e noutros asuntos. Cuestión de abolengo, supoño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario