Mostrando entradas con la etiqueta Free State of Jones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Free State of Jones. Mostrar todas las entradas

8.11.16

Free State of Jones


Aproveitando que hoxe todo o mundo está pendente das eleccións presidenciais dos EE.UU paréceme un bo momento para lembrar algunha das ideas sobre as que se fundaron os EE.UU e facer ao mesmo tempo unha recomendación cinematográfica e outra bibliográfica. 

Os colonos norteamericanos do século XVIII tiñan moi claro que a explicación última de toda controversia política é a distribución do poder. Entendendo por poder a dominación dalgúns sobre outros. Os debates sobre o poder entre os colonos centrábanse na esencial agresividade de calquera poder: a sua permanente propensión a extenderse máis alá dos seus lexítimos límites. Nos cimentos da rebelion das colonias frente a Inglaterra estaba o convencimento de que as disposicións do governo británico, e os actos realizados polos seus axentes nas colonias, representaban unha ameaza para os principios nos que se basea a liberdade. O convencimento da existencia dun complot preparado contra a liberdade, tanto en Inglaterra como en Norteamérica, acabounos por lanzar á revolución que culminaría coa declaración de independéncia en 1776.

Destas premisas básicas acerca da natureza do poder e da debilidade humana ante as tentacións derívanse varias  das controversias que preocupaba aos habitantes das colonias. Unha delas foi a necesidade de dotarse dun exército permanente. Para os colonos rebeldes a necesidade de establecer un exército permanente representaba unha ameaza para a sua liberdade, xa que non pode existir peor estado de sometemento que o imposto por un poder militar sen a limitación do poder civil.

Outro aspecto que xerou moita controversia nas colonias norteamericanas foron os plans do governo británico para favorecer a igrexa anglicana en detrimento das moitas igrexas que os colonos foran levando a norteamérica. Existia un temor moi grande a perda da liberdade relixiosa.

A controversia sobre a escravitude tamén ten a sua orixe na revolución americana. A escravitude empezou a ser vista como o mal político por excelencia. Os rebeldes consideraban aos británicos os seus opresores e eles mesmos considerábanse escravos, en palabras de John Adams: «a máis desprezabel clase de escravos». Outro dos pais fundadores, John Dickinson, expresábase: 

«aqueles que deben pagar impostos sen o seu consentimento expreso, outorgado persoalmente por eles ou os seus representantes, son escravos. A nós cóbransenos impostos sen o noso consentimento, ou o dos nosos representates, somos polo tanto escravos».

Polo tanto a escravitude non era unha mera figura retórica era unha condición política específica que os colonos rebeldes atribuían aos franceses, daneses, suecos, rusos, españois, polacos etc da época. E podía aplicarse igualmente aos traballadores negros das plantacións das colonias norteamericanas. Esta controversia dará lugar a guerra civil de 1861, case que un século despois da revolución. 

Estas tres controversias que veño de mencionar aparecen dun xeito ou outro no filme protagonizado por Matthew McConaughey e que da título a esta entrada. No filme nárrase a revolta acontecida en varios condados do estado de Mississippi (no corazón da américa confederada) durante a guerra civil americana.

Para profundizar sobre a natureza de revolución americana pódese ler The Ideological Origins of the American Revolution do que tirei as citas anteriores.