Sobre o sistema sanitario español temos escrito dabondo aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, e aquí. Escrebemos agora so unha pequena nota para comentar a última actualización do Euro Health Consumer Index que xa data de xaneiro deste ano. O EHCI, iniciado en 2005, é o principal índice para avaliar o rendemento comparado dos sistemas sanitarios nacionais de 35 países europeos. O EHCI analiza a asistencia sanitaria nacional en 48 indicadores, medindo aspectos como os dereitos e información sobre o paciente, o acceso á atención, os resultados do tratamento, a amplitude e o alcance dos servizos, a prevención e o uso de productos farmacéuticos. O gráfico que inicia esta entrada presenta os valores do índice para os 35 países.
Unha das conclusións máis destacadas dos informes do EHCI é que os chamados sistemas sanitarios tipo Beveridge funcionan peor que os sitemas tipo Bismarck. Os sistemas tipo Beveridge so parecen dar bos resultados en países con pouca poboación como Islandia, Dinamarca ou Noruega.
Os sistemas Bismarck son sistemas menos dirixidos, menos planificados que os sistemas Beveridge. Os sistemas de saúde tipo Bismarck son sistemas baseados no seguro social onde hai unha multitude de organizacións de seguros, que funcionan de xeito independente dos prestadores da asistencia sanitaria. Holanda ten un sistema tipo Bismarck.
O sistemas Beveridge son sistemas cunha única organización. A organización que financia é a mesma que presta o servizo. Os sistemas Beveridge máis grandes en Europa son España, UK ou Italia.
En España está moi extendida a crenza de que o sistema sanitario español é dos mellores do mundo. Esta crenza é rotundamente falsa según o EHCI. Máis ben España ocupa unha mediocre posición no medio da clasificación xunto aos países dos Balcáns. Se un quere ser a atendido no mellor sistema sanitario europeo debe viaxar a Holanda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario