Resumo
O pasado 1 de
Outubro asistimos, entristecidos, á confrontación entre cidadáns e funcionarios
públicos. Nas liñas que seguen presentamos sucintamente unha análise para poder
entender os acontecementos en Catalunya. Argumenta-se que: 1) os acontecementos
do 1 de Outubro son un fracaso da política: os políticos dos governos de
Puigdemont y de Rajoy fixeron mal o seu traballo, e a sua irresponsabilidade
ten posto en perigo a integridade de cidadáns e de funcionários públicos; 2) a
nova forma de facer política ocasiona que os novas organizazóns políticas estén
mais preocupadas polas demandas dos afiliados que polos intereses da
comunidade, como o caso catalán evidéncia; 3) a aprovazón no Parlament de
Catalunya da Lei de Referéndum e a Lei de Transitoriedade Xurídica os dias
6-7 de Setembro de 2017 é un quebrantamento do estado de dereito -que defende
aos débiles do abuso dos poderosos-, quebrantamento que afecta a todos os
cidadáns do estado español -sexan cataláns ou non- polas suas potenciais perigosas
consecuéncias; e, 4) no caso que o Parlament declare unilateralmente a
independéncia, so se vai poder garantir o estado de dereito suspendendo a
Autonomia de Catalunya aplicando o artigo 155 da Constitución, o cal vai traer
mais confrontamento e, tristemente, mais sufrimento.
“For in a
government of laws and not of men, no man, however prominent or powerful, and
no mob, however unruly or boisterous, is entitled to defy a court of law. If
this country should ever reach the point where any man or group of men by force
or threat of force could long defy the commands of our court and our
Constitution, then no law would stand free from doubt, no judge would be sure
of his writ, and no citizen would be safe from his neighbors.''
Kennedy, John F.
(1962)
No presente escrito presentamos
sucintamente unha análise para poder entender os acontecementos en Catalunya a partires
do 6 de Setembro de 2017. En primeiro lugar presentamos un marco teórico para
entender os acontecementos. Na segunda parte presentamos unha explicación sobre
ditos acontecementos en Catalunya. O escrito finaliza cunhas considerazóns do
que pode acontecer no futuro.
I.
Marco teórico.
Antes de analisar os acontecimentos en
Catalunya, presentamos catro consideracións iniciais:
1. A Ciéncia Política. A ciencia
política é a parte do saber que estuda a toma de poder e o uso do poder. Nunha
sociedade, existen unha regras de xogo nas que se exercita o poder. Indicar que
obxectivo dos que usan o poder, ben para os seu próprios intereses ou para os
de algún grupo da sociedade, está limitado pola existencia destas regras de
xogo e das institucións que se aceitan en dita sociedade.
2. A Democracia é un sistema inherentemente
inestável. A inestabilidade dun sistema democrático reside en que:
2.i) é un
sistema que permite e defende que existan movementos que queiran acabar ca
própia democracia; e,
2.ii) os
cidadáns que viven nunha democracia non a valoran até que non disfrutan dela, o
que leva a unha desafección democrática
na cidadania. Esto pon en perigo a democracia polo baixo compromiso na sua
defensa.
Por estas duas razóns, precisan-se de institucións
e de leis (regras de xogo) que aguanten as embestidas dos movementos que queren
acabar ca própia democracia e que non sexa explícitamente defendido polos que a
disfrutan. Unha forma de estado que garante a protección destas embestidas é o estado
de dereito. O estado de dereito
protexe aos débiles do abuso dos poderosos (en particular, de aqueles que
exercen o poder do estado). Se non hai estado de dereito, cualquer poderoso
pode cometer a maior atrocidade que nunca será castigado. É a lei do mais forte.
Duas institucións son cruciais na defensa do estado de dereito: o marco
xurídico-legal –que dirime os conflictos baseándose nas regras de xogo- e o
monopólio da violéncia que garante que se cumplan as sentencias. En ambos
casos, son funcionarios públicos os que se encargan desta defensa da democracia
–xuices e policia/exército-, e mais en concreto, da defensa dos dereitos e
liberdades dos cidadáns.
3.
Democracias liberais modernas. Nas sociedades
e democracias modernas atopámonos que:
3.i. As sociedades liberais modernas
teñen unha característica: dase a división do traballo (ver Adam Smith
1776, Cap.1) das tarefas sociais. Cada cidadán dunha sociedade, dentro das suas
capacidades, méritos, ou contactos, decide realizar o mellor traballo dos que
pode desenvolver dentro de dita sociedade. Así atopámonos con cidadáns que
exercen de médicos, de mineiros, de profesores, etc.
3.ii. Dentro da división do traballo das
tarefas sociais, o termo “político” é o nome que atribuimos a aqueles
especialistas que toman decisións sociais. É dicer, os traballo dos políticos é
buscar soluzóns a problemas e conflictos
sociais.
3.iii. A profesionalizazón dos políticos
ten levado a agruparse en “gremios” –os partidos
políticos- análogamente aos grémios/coléxios de farmaceuticos, médicos,
etc.
4. Problemas nas democracias liberais modernas:
partidos políticos tradicionais e novas formas de organizazón política.
A continuación indicamos diferentes problemas actuais nas democracias referidas
ás organizazóns políticas.
4.i. Problemas dos partidos políticos
tradicionais. A división do traballo das tarefas sociais ocasiona a especializazón
dos políticos dentro dos partidos políticos tradicionais nas democracias
liberais. Esta especializazón ten levado a tres problemas:
a) á superespecializazón
do político, que lle leva a perder a visión global dos problemas dos membros dunha
sociedade, á cal supostamente representa;
b) á desconexión
entre o político e o representado, principalmente debido ao sistema eleitoral
que limita o control do cidadán ao seu representado, e que conleva a desafección política; e,
c) á desconexión
dos partidos políticos cos seus afiliados (aos que as executivas piden
obediencia cega) e á sua vez cos votantes (aos que tenta atraer o seu voto, mas
sen contrapartida posterior).
4.ii. As novas formas de organizazón
política: luces e sombras.
Para superar esta desafección política aparecen novas organizazóns (que, por
certo, nengunha se autodenomina “partido” –por ex., Podemos, En Marea, CUP, etc.-)
caracterizadas por unha ligazón directa (e control) do político e o afiliado/representado,
e pola toma de decisións asambleárias na organizazón (favorecido polas novas
tecnoloxias).
Porén, existen dous (grandes) problemas
neste tipo de organizazóns, caracterizadas por ise seguimento tan directo do
afiliado ao representante:
a) Ocasiona unha
(grande) dificultade para estas organizazóns para chegar a acordos
(estratéxicos) que favorezan a toda a comunidade, pois son os afiliados os que marcan
as decisións da organizazón. Se os representantes non siguen as directrices das
bases, lóxicamente –porque este é o funcionamento e a forma de participazón da
organizazón- son reprobados, considerados como “traidores” e mesmo as bases
poden darse de baixa da organizazón.; e,
b) Obriga aos afiliados
(e aos simpatizantes) a unha contínua mobilizazón social, que choca ca división
do traballo das tarefas sociais indicada en 3.i). Así afirmazóns como as de
Yolanda Díaz (de En Marea) á Radio Galega no sentido que “a sociedade ten que
estar continuamente mobilizada contra as medidas do PP”, son ilustrativas. Como
veremos no caso catalán, os embites ao estado de dereito son xustificados por
estas organizazóns ca mobilizazón social, ben dos afiliados ou dos
simpatizantes, ainda que se deixe fora deste embite a una parte da sociedade.
II.
Entendendo os acontecementos en Catalunya.
As considerazóns prévias permítenos entender
os acontecementos en Catalunya que se precipitaron a partires do 6 de Setembro.
5. A aprovazón no Parlament de Catalunya
da Lei de Referéndum e a Lei de Transitoriedade Xurídica os dias
6-7 de Setembro de 2017 é un embite á democracia. A crise institucional non é
se os cataláns teñen dereito á autodeterminazón, ou se poden votar a
independéncia como parecen soster Pablo Iglesias (Podemos). O problema é que as
leis aprobadas o 6-7 de Setembro son un quebranto
do estado de dereito, onde os que exercen o poder atropellan dereitos e liberdades
de cidadáns.
6. A razón da aprovazón destas leis ven
motivada polos partidos que apoian ao Govern, e en particular por aqueles
partidos que trasladan directamente ao Parlament de Catalunya demandas dos seus
própios afiliados. Esta maior democracia é un aire novo moi desesável ás
institucións, que contrasta ca esclerosis dos partidos tradicionais. Poren,
trae consigo problemas, como se indicou en 4.ii.a): a dificultade para acadar
acordos con outras forzas políticas que non sexan aqueles que explícitamente marcan
as suas bases. Eiquí xurde o desencadenante dos acontecementos: se para seguir
as directrices e anceios das bases precisa-se romper ca lei, so se poden chegar
a acordos cara eses anceios, ainda que se deixe fora do acordo aos demáis
membros da sociedade, cidadáns que non son bases da organizazón e que non
dictan as directrices do movemento. E este perfil de acción política seguido
polas novas organizazóns está sendo seguida polos partidos políticos tradicionais
cataláns, cunha baixa reputazón tras os escándalos de corrupción, por
oportunidade política para non perder votantes (ver Casals 2015, 2017). Este é
o transfondo da aprobazón das leis de secesións do 6-7 de Setembro de 2017.
7. Seguindo este perfil de acción
política das novas organizazóns, a ruptura e quebrantamento da lei dentro do
estado de dereito ca aprobazón das da Lei
de Referéndum e a Lei de
Transitoriedade Xurídica os dias 6-7 de Setembro de 2017. Como se indicou
en en 4.ii.b), este quebrantamento do estado de dereito refrenda-se ca
mobilizazón social. O pobo é o que xustifica o quebrantamento da lei.
8. Os tristes sucesos do 1 de Outubro
onde se enfrentan antidisturbios con cidadáns evidéncian o fracaso da política.
Os políticos do Govern e do Governo de España non fixeron o seu traballo: buscar solucións aos problemas e
conflictos sociais (como se indicou en 3.ii). Como non fixeron o seu traballo,
os políticos do Govern enviaron aos cidadáns a defender o seu mal facer, e os
políticos do Goberno central enviaron á policia como consecuéncia o seu mal
facer. O mal facer de ambos dous governos ten levado que sairan lesionados cidadáns
e policías.
9. Na miña opinión, o mal facer de ambos
dous governos esto incapacita-lles para seguir dirixindo nengún país. Específicamente,
Rajoy e Puigdemont (como respresentantes dos governo español e catalán) son moi
responsáveis dos acontecementos do domingo 1 de Outubro. Como se indicou en
3.ii), o traballo dos políticos é buscar solucións aos conflictos sociales, e
para buscar solucións. Este é o seu “chollo,” e pagámoslles por iso. Porén:
(i) Puigdemont (e o seu Govern) ten sido
un irresponsável porque en lugar de negociar, (negociar e negociar) ten
quebrantado unilateralmente a lei, e amparou esta ilegalidade apelando á
movilización social. El sabía que dende o governo central íase enviar policia
para cumplir as ordes dos xuices. El sabía que se a policia actuaba, existía
unha alta posibilidade de que algún cidadán saira ferido. A Puigdemont deu-lle
igual. En lugar de pensar nos cidadáns, preferiu enviar á xente á rua para
refrendar a sua ilegalidade poñendo en perigo a sua integridade.
(ii) Rajoy (e o seu Governo) ten sido un
irresponsável porque en lugar de negociar, (negociar e negociar) tense pechado
en banda cunha visión curtopracista e de oportunidade política: hai cidadáns
que non consideran España o seu país, e en lugar de buscar solucións e presentar
propostas, non ten feito nada nos últimos 12 anos. E para cumplir a legalidade
dictada por un xuiz, o seu governo ten movilizado chapuceiramente e sen orde a
funcionarios públicos, tamén exponéndo-os a riscos e escárnio públicos innecesários.
En lugar de defender dereitos e liberdades, deron a impresión que estaban
atrapando a delincuentes. (Ver en Baquero 2017 a carta de Policias Nacionais ao
El Periódico de Catalunya.)
III.
E agora que é o que facemos?
Despois desta desfeita, cuns (ir)responsáveis
claros e unha cidadania dividida, que é o que nos depara o futuro?
10. Á vista do que acabamos de argumentar,
o debate non é se os cataláns teñen ou non dereito á autodeterminazón, ou se teñen
dereito a votar ou non. O feito mais grave dos acontecementos en Catalunya ten
sido quebrantamento do estado de dereito,
pois non afecta so aos que viven en Catalunya senon a todos os cidadáns do
estado español. Que os políticos non se chegaran a acordos, e que se quebrantara
o estado de derecho, afectanos a todos os cidadáns perigosas consecuéncias que
pode ter.
11. Se algún governo ou parlamento rompe
unilateralmente as regras de xogo cando non lle conveñen, e non existe sanción
ou reprobazón, abre-se a porta a cometer calquer atropello. Mañan calquer
parlamento poderia estar formado, por exemplo, por parlamentários islamistas
radicais que votasen que as mulleres non poden ir á escola. E logo, quen vai
defender os dereitos e liberdades das mulleres que si queren ir educarse nas
escolas? Precisamente, para defender os dereitos e liberdades dos cidadáns, non
se debe permitir que o estado de dereito se quebrante unilateralmente. Non cabe
negociazón neste ponto.
12. As propostas de negociazón (e mediación)
de Pablo Iglesias (Podemos), Pedro Sánchez (PSOE) e outros políticos parten dunha
diagnose errada dos acontecementos en Calatunya. Propoñer que o Governo central
negocie co Govern, é como propoñer ao governo da II República que negociase co Xeneral
Franco no verao de 1936 despois do seu golpe de estado. Non caben negociazóns mentres esté quebrado o estado de dereito. Así
que so caben outra solución: que o Parlament non aplique e deroge as leis de
secesión, e –despois si- que os políticos empecen a negociar, (negociar e
negociar) co fin de chegar a acordos para satisfacer a aqueles cidadáns que non
se sinten cómodos dentro do estado español. Estos acordos poderian incluir
modificazóns na Constitución, referendums legais, cámbio a unha estructura
federal, ...ou o que sexa, mas sempre dentro da legalidade. Ese é o chollo dos
políticos.
13. Porén, Rajoy e Puigdemont están
ambos os dous incapacitados para este labor: teñen sido uns irresponsáveis
ambos os dous, porque teñen levado ao enfrentamento aos cidadáns. Cando alguén
é irresponsável porque non fai ben o seu traballo e, pior, antepón outros
intereses aos intereses da sociedade que dirixe, non merece seguir dirixindo
dita comunidades. Polo que hai que buscar a outros políticos que busquen
soluzóns e propoñan acordos.
14. Quen poden ser estes políticos? Unha
proposta: os consellos de anciáns funcionaban ben para resolver problemas, polo
seu coñecemento das suas comunidades. Buscar políticos de diferentes perfil
ideolóxicos, cunha ampla traxectoria política, xa no seu ocaso vital, mas respectados
e con grande motivazón de facelo ben, poderian aportar moitas ideias e
solucións. Éstas propostas non gustarán aos puristas, mas poden ser a base de
acordos aceitáveis para todos. Os meus candidatos: Josep Borrell, Josep Antoni
Durán e Lleida, Miquel Roca e Josep Piqué.
15. Do contrário, se o Parlament decide
declarar unilateralmente a independéncia, o único xeito de defender o estado de
dereito, e amosar que todos os cidadáns estamos ao amparo da lei e ninguén está
por riba da lei, é intervir a autonomía (aplicando o artigo 155 da Constitución,
por certo copiado da Constitución alemana). Esto, tristemente, traerá mais
confrontamento e mais sufrimento que non beneficia a ninguén.
Eduardo L.Giménez
galidem e Universidade de Vigo
egimenez@uvigo.es
6 de Outubro de 2017
Agradecementos. Agradezo encarecidamente as conversas con (e a paciencia de) Mauro Giménez, Damián Giménez, Fidel Castro-Rodríguez e Daniel Miles que permitiron aclarar as miñas ideias, e mais as dicusións cos alumnos de Microeconomia Avanzada de 4o do Grao en Economia.
Referencias
Casals, Xavier
(2015) X.
Casals, “La Cataluña emergente. Secesionismo y dinámicas populistas europeas”, Tiempo
devorado. Revista de historia actual, 3 (diciembre 2015), pp.
18-33.
Kennedy, John F.
(1962) "Radio and Television Report to the Nation on the Situation at
the University of Mississippi.," September 30, 1962. Online by Gerhard
Peters and John T. Woolley, The American Presidency Project. http://www.presidency.ucsb.edu/ws/?pid=8915.
A Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia
(galidem) non comparte necesariamente as opinións dos seus autores y
colaboradores neste blog.